Deputación Da Coruña

A Deputación da Coruña destina case oitocentos mil euros á contratación de persoal de turismo dos concellos


Máis de cincuenta persoas serán contratadas para as oficinas de turismo a través da convocatoria da área de Turismo da Deputación da Coruña que destina case oitocentos mil euros ao financiamento desta liña de axuda aos concellos. Un total de 774.273,73 € é o orzamento da concesión provisional da liña de axudas para contratación de persoal para oficinas de turismo convocadas pola Deputación da Coruña.
Son cincuenta e cinco os concellos de menos de 50.000 habitantes que son beneficiarios desta convocatoria que concede nesta edición até 20.000 euros por municipio segundo a solicitude realizada, o tempo de contratación ou o número de persoas contratadas.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.