Logo do anuncio da Xunta de Galicia de convocatoria de probas CELGA 1, 2, 3 e 4 (DOG do 25 de marzo de 2019), o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Riveira oferta formación gratuíta para a preparación das anteditas probas. O requisito único para participar nesta oferta formativa é ser maior de 16 anos.