Sin categoría

O sábado 25 de Xullo celébrase o IV ENCONTRO GASTROCULTURAL en Boiro

O sábado 25 de Xullo celébrase o IV ENCONTRO GASTROCULTURAL en Boiro, unha cita gastronómica de hermanamento cos veciños de Elciego, en Álava e que ademais ten un marcado carácter social dado que os fondos que se recauden van destinados a asociación Amicos.
O encontro que está organizado pola peña boirense “Os luns ó sol” coa participación do Concello de Boiro e os veciños do concello rioxano-alavés de ELciego celébrase o sábado a unha do mediodía no pavillón do colexio Praia Xardín. Este encontro sucédese logo de que en novembro a peña boirense realizase en Elciego unha desgustación de mexillón.

A presidenta de Amicos agradeceu a realización do evento e colaboración tan necesaria neste momento.

Cun donativo de tres euros os asistentes á cita colaborarán con amicos ó tempo que podrán degustar unhas patacas á rioxana acompañadas dun viño da Rioxa Alavesa.

O venres chegua a Boiro a delegación da visita do concello rioxano de Eleciego co seu Alcalde ao frente, serán recibidos a súa chegada na praza do Concello cun grupo de gaitas e logo cunha recepción no salón de plenos do Concello con intercambio de agasallos.

Salir de la versión móvil