https://www.youtube.com/watch?v=bVmJiXqo70Q
A unanimidade caracterizou a sesión plenaria ordinaria de marzo na que o Concello de Lousame dotou de financiación os proxectos de mellora no parque infantil e na escola do Sanguiñal, na escola unitaria de Vilacova e no campo de fútbol da Silva. Así, o pleno municipal acordou unha transferencia de crédito de 10.800 euros para acometer o pintado da escola do Sanguiñal e melloras na escola unitaria de Vilacova. O Concello de Lousame dotou de financiación no último pleno aos proxectos de mellora no parque infantil e na escola do Sanguiñal, na escola unitaria de Vilacova e no campo de fútbol da Silva. Acordou tamén unha transferencia de crédito de 10.800 euros para acometer o pintado da escola do Sanguiñal e melloras na escola unitaria de Vilacova,
Así mesmo, o pleno aprobou un crédito extraordinario de 16.214 para a cubrición das gradas do campo de fútbol da Silva. A alcaldesa lousamiá explicou que “hai ano e medio se actuou na zona da cantina e das gradas e adquirimos o compromiso de cubrir as outras gradas, cousa que cumpriremos con esta actuación”.