Ribeira

O Grupo Municipal de Teatro levará as rúas sketchs de “Cousas de Castelao” para conmemorar o seu día mundial


Este venres 29 de marzo con obxecto de conmemorar o Día Mundial do Teatro que se celebrará o día 27, a Concellería de Cultura de Ribeira leva ao seu grupo municipal de teatro polas rúas e prazas da cidade coa súa última montaxe “Cousas de Castelao”. Os máis de 20 integrantes do grupo representarán sketchs da obra do ilustre rianxeiro a partir das 20 horas en varios lugares do municipio.
A Concellería de Cultura de Ribeira leva ao seu grupo municipal de teatro polas rúas e prazas da cidade coa súa última montaxe “Cousas de Castelao”. Os máis de 20 integrantes do grupo representarán sketchs da obra do ilustre rianxeiro a partir das 20 horas en varios lugares coma praza de Porta do Sol , ás 21 horas na rúa de Galicia-rúa do Sal; ás 22 horas rúa Alcalá Galiano e ás 23 horas parque García Bayón. Tamén se repartirá entre os asistentes o manifesto deste ano do día do teatro feito polo dramaturgo cubano Carlos Celdrán e o manifesto galego de Carlos Santiago.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.