O alcalde da Pobra, Xose Lois Piñeiro púxose en contacto esta mañá co presidente da Demarcación de Costas de Galicia, Rafael Eimil para coñecer o resultado da sentencia celebrada hai dúas semanas entre os supostos propietarios das naves industriais do Areal da Pobra e os responsables de Costas de Galicia.
Juan Boullón, Ramón Franco e á familia López Pérez aseguran ser os propietarios das naves dende a década dos 40.
Pola súa banda, Lois Piñeiro transmitiu hoxe as palabras de Rafael Eimil que asegura que os empresarios non teñen o dereito de propiedade.
Dende Costas de Galicia aseguran que a familia López Pérez ten unha concesión nas naves industrias que data do ano 1914 cuxa caducidade vai ter lugar no ano 2018.
Tamén afirman que foi no ano 2000 cando costas iniciou o proceso para recuperar esta concesión.
Lois Piñeiro comentaba hoxe que Rafael Eimil vai tratar de conseguir a titularidade das naves antes do ano 2018 a traves da caducidade de uso.
Mentres tanto estudarán un proxecto de financiación e de uso das infraestructuras.
Unha das propostas que destaca o alcalde é convertir as naves nun almacén para pescadores. Para isto terá que reunirse co presidente de portos de galicia.
Entre outras das ideas destaca un museo do mar, instalacións náuticas ou unha nova biblioteca.
Lois Piñeiro asegura que mentres non se solucione esta problemática o concello vai permanecer á espera sen interferir neste problema xudicial.
https://www.youtube.com/watch?v=yrLXhihY7NY