As inmediacións do polígono insdustrial da Pobra do Caramiñal foron escenario esta mañá dun incidente que puxo en perigo a circulación de coches.
Ás 11.00 horas un camión da empresa Hormigones Boiro, que facía a súa ruta habitual cargado de cemento deu a curva da rotonda do polígono en dirección Moldes cando de repente se abrir a súa porta traseira deixando caer grandes cantidades de cemento pola estrada.
Debido ás altas temperaturas o material solidifiucouse e complicou as labores de limpeza por parte do equipo de bombeiros de Ribeira que acudiron á zona xunto coa Policía Local e a Garda Civil de Tráfico que se encargaron de regular a circulacións dos automóviles.
As labores de limpeza deron remato arredor das 12.30 horas deixando a estrada totalmente preparada para a circulación.
https://www.youtube.com/watch?v=kdDqWhoZV-s