Deputación Da Coruña

Máis de dúas mil persoas participaron na fase de diagnose do plan de igualdade «Compartimos Plan» da Deputación da Coruña


Persoal político e técnico de concellos e representantes de entidades participaron no Foro Provincial do Plan de Igualdade da Deputación da Coruña, «Compartimos plan» nunha xuntanza que pon fin ao proceso de diagnose e abre as portas á difusión das medidas e accións pola igualdade.
A deputada de Igualdade, Ánxela Franco, agradeceu a ampla participación na elaboración do Plan de Igualdade que definiu como «unha ferramenta que fará avanzar no proceso de Igualdade». Ano e medio despois do inicio do proceso para a elaboración da diagnose, a área de Igualdade e Servizos Sociais da Deputación da Coruña xuntou na sede da institución a representantes do ámbito político e técnico das institucións locais e das entidades do sector para avanzar o documento final do plan de Igualdade, «Compartimos plan» e anunciar as principais medidas que comporán un documento que se aprobará proximamente.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.