Mañá, día 16 de xullo dará comezo, coma tódolos anos a festa en honor á Virxe do Carme coa tirada de bombas de palenque que veñen a anunciar este día tan esperado por algúns. Cabo de Cruz, Muros, Noia e Aguiño son algún dos municipios que acollerán esta festa.
En Aguiño ás 10.00 horas haberá dianas e alboradas a cargo do Grupo de Gaitas Chorima e á mesma hora celebrarase unha misa polos mariñeiros afogados. As 11.00 horas oficiarase a misa solemne en honra á virxe, que será cantada polo Coro Parroquial Nosa Señora do Carme de Aguiño. Seguidamente dará comezo a tradicional procesión marítima, acompañada pola Banda de Música de Caamaño, Asociación Cultural Xarandeira e pola policía infantil de gala. Ao rematala procesión haberá, como tódolos anos, picoteo no local da cofradía.
A partir das 22.00 horas celebrarase unha gran verbena a cargo das orquestas Ledicia e Alaska.
Non se pode esquecer que este evento é unha escusa para aqueles cidadáns e cidadás que residen fóra e agora poden desfrutar dunha xornada de ledicia coa familia e cos turistas que están a veranear en Ribeira e nas súas inmediacións.
http://youtu.be/Y3NS-qAFJ-E