https://www.youtube.com/watch?v=dCU2_2PcrKY
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, destacou a necesidade de que as empresas galegas se impliquen, actúen e activen a súa conciencia ambiental para avanzar no camiño da redución de residuos industrias que anualmente se producen en Galicia, 2,4 toneladas. A conselleira de Medio Ambiente -xunto coa conselleira do Mar, Rosa Quintana- visitou as instalacións de Numarsi, en Pontevedra, unha empresa dedicada á elaboración e procesado de peixe, onde engadiu que o compromiso activo da empresas é un instrumento imprescindible para afrontar a loita contra o cambio climático e os retos ambientais do século XXI.
Destacou que a implantación dun novo modelo máis sostible, facendo especial fincapé na prevención e na valorización dos residuos, permitirá á Comunidade a acadar os obxectivos que establece o Plan de Xestión de Residuos Industriais (PRIGA 2016-2022), o cal forma parte da estratexia global do Goberno galego en materia de residuos.