A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, avanzou esta mañá que no vindeiro mes de agosto se iniciarán as obras para a recuperación patrimonial e posta en valor da aldea de Sálvora.
A responsable de Medio Ambiente avanzou o comezo desta actuación durante unha vista á aldea de Sálvora, na que estivo acompañada polo alcalde de Ribeira, José Manuel Ruíz Rivas.
Ethel salientou que o investimento previsto para a execución dos traballos supera os 218.000 euros e ten un prazo de 3 meses, polo que a finais de outubro estarán rematadas.
A intervención incidirá na recuperación e promoción dos valores culturais e antropolóxicos que conforman a historia desta illa e permitirá conxugar a actividade turística, investigadora e educativa, coa conservación e protección deste espazo singular.
https://www.youtube.com/watch?v=Nhhj55Dx3NI