Agallas Films encabeza esta coprodución internacional que narra o naufraxio do Santa Isabel preto da illa de Sálvora, acontecido o 2 de xaneiro de 1921, un barco que levaba mais de 260 persoas a bordo, a maioría emigrantes rumbo a Bos Aires. Grazas a tres mulleres, María, Josefa e Cipriana, as heroínas de Sálvora, que arriscaron a súa vida para intentar salvar os náufragos deste vapor, cincuenta persoas sobreviviron.
Román Rodríguez destacou a importancia de que películas coma esta se roden en Galicia, xa que contribúen de xeito moi importante á dinamización do sector e a dar a coñecer o país máis aló das nosas fronteiras grazas á súa vocación de difusión comercial nacional e internacional.