Galicia

O prazo de solicitude do bono coidado co que a Xunta apoia ás familias para atención dos menores de 12 anos está aberto ata o 2 de setembro

https://www.youtube.com/watch?v=GkINtP6s2Y0
A Consellería de Política Social mantén aberto ata o 2 de setembro o prazo de solicitude do Bono Coidado, un programa que inclúe axudas directas ás familias para contratar ante unha necesidade puntual a unha persoa coidadora dos menores de ata 12 anos.
O Bono Coidado cubre situacións moi variadas nas que os menores estean enfermos ou non poidan ser coidados pola persoa que o fai habitualmente, ben sexa por doenza do coidador ou por distintas circunstancias puntuais de carácter laboral deste, como poden ser a asistencia a entrevistas de traballo ou a realización de cursos de formación.
O programa posto en marcha en 2016, presenta como principal novidade na convocatoria deste ano que as familias solicitantes poderán destinar esta axuda económica a pagar o custe dun servizo de coidado infantil non continuado .

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.