A festa do Percebe de Aguiño celebrará os vindeiros 25 e 26 a súa décimonovena edición.
A cita gastronómica foi presentada esta mañá na casa consistorial polo patrón maior de Aguiño, José Antonio Santamaría e pola concelleira de igualdade e acción social, Mº Esther Patiño.
Trátase dun evento gastronómico que xa é un referente en toda a comunidade autónoma.
Como na pasada edición, a festa volverá a desenvolverse en dúas xornadas. O sábado procederase ao descubrimento do monumento dedicado ós percebeiros realizado polo artista Gonzalo Sarasquete e terá lugar tamén a lectura do pregón.
O domingo, a partir das doce do mediodía, dará comezo a degustación. O acto estará presidido pola conselleira de Medio Rural e Mar da Xunta de Galicia, Rosa Quintana.
A organización informou de que ese día poñeranse á venda unhas dúas mil racións de crustáceo, que irá acompañado tamén doutros produtos.
https://www.youtube.com/watch?v=MGysDExtrfY