Galicia

Reunión dos cerqueiros españois e portugueses para intentar aumentar a cota da sardiña


Cerqueiros españois e portugueses alíanse para conseguir máis toneladas de sardiña. Sobre este tema falou o presidente da ACERGA, José Blanco, que indicou que o vindeiro día 19 haberá unha reunión entre cerqueiros dos dous países para intentar aumentar a cota en cinco mil ou seis mil toneladas máis.
O presidente da Asociación de Armadores do Cerco de Galicia, José Blanco, sinalou que o obxectivo na vindeira reunión entre ambos o día 19 é conseguir que se aumente a cota en 5 mil ou 6 mil toneladas.
Por outra banda salientou que a biomasa aumentou de maneira considerable, arredor dun 75 por cento, algo esencial para que se lles permita aumentar o número de capturas.
Asegura que as posibilidades para aumentar as capturas e chegar a un acordo na vindeira reunión son altas.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.