Un mozo, de 27 anos resultou ferido de gravidade a pasada madrugada ao sufrir a amputación do seu brazo dereito como consecuencia dun accidente laboral que tivo lugar na conserveira Jealsa, en Boiro. Ao parece,r ao mozo, que realizaba labores e limpeza, quedáballe o brazo atrapado nunha máquina, séndolle amputada a extremidade pola chapa de protección lateral. Tras ser atendido na mesma fábrica polo equipo médico do PAC do Saltiño, foi evacuado ao Hospital do Barbanza e trasladado posteriormente a Hospital de Povisa en Vigo, onde se lle realizou unha intervención cirúrxica. O mozo veciño da comarca do Salnés.
Un traballador perde un brazo nun accidente nunha conserveira do Barbanza


