Os nenos saharauis foron recibidos esta mañá por JUAN JOSÉ DIESTE

Juan José Dieste, e a edil de Servizos Sociais, Carmen Deus recibiron esta mañá aos seis nenos saharauis que están a disfrutar das súas vacacións de verán en Boiro.

Os rapaces acompañados das súas familias de acollida recibiron un regalo por parte do concello, unha mochila que contiña un pantalón e unha camiseta deportiva.

Os rapaces, procedentes dos campamentos de refuxiados de Tinduf, pasarán dous meses en Boiro. A súa marcha está prevista para o sete de setembro.

Esta iniciativa encádrase no marco do Programa Vacacións en Paz co que vén colaborando o concello dende fai moitos anos.

https://www.youtube.com/watch?v=SNR2weoBgzg

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.