O BNG DA POBRA esixe participación cidadá e transparencia no concello

Os nacionalistas da Pobra veñen de presentar unha moción que se debatirá no pleno do vindeiro día 30 e no que inciden na importancia da participación cidadá e a transparencia.

Nesta moción piden ao goberno municipal a elaboración e presentación en Pleno, nun prazo non superior a tres meses, dun Regulamento de Participación Cidadá que defina as prácticas e as posibilidades para o exercicio efectivo dos dereitos veciñais.

Tamén, mesntes este regulamento non sexa redactado, poñer en marcha un procedemento temporal para a participación directa e efectiva da cidadanía e das asociacións nos Plenos e nos órganos colexiados dependentes do Concello.

Por último Ramiro Ouviña insistiu na importancia da
elaboración dun Plan de Transparencia e Bo Goberno que inclúa un Código Ético e que arbitre procedementos que permitan o intercambio de información entre a cidadanía e a administración.

https://www.youtube.com/watch?v=3X6_mINyFAo

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.