Os propietarios das naves insdustriais do AREAL DA POBRA ganan a histórica pelexa xudicial a COSTAS DO ESTADO

Unha sentencia xudicial que tivo lugar fai quince días entre os propietarios das naves comerciais do areal e o Dominio Público Marítimo Terrestre foi favorable aos empresarios Juan Boullón, Ramón Franco e á familia López Pérez.

Estos defenden que as naves do Areal son deles, sen embargo, dende Costas do Estado aseguran que tan só se trata de concesións administrativas que pretenden recuperar para que pasen a formar parte do Dominio Público Terrestre e de ahí poder cedelas ao concello da Pobra.

Os empresarios pobrenses aseguran que estas concesións están cadudadas dende o ano 2000.

Tal e como explicaba esta mañá un deles foi na década dos 40 cando se
fixeron coas propiedades depois de mercar os terreos ao banco de crédito e inversión pertencente ao banco de España.

Lois Piñeiro incidiu na financiación para a rexeneracións das naves industriais, pero non fixo referencias á problemática que hai detrás de todo isto.

Por outra banda, a directora Xeral de Sostenibilidade da Costa e do Mar, Raquel Orts, o presidente da demarcación de Costas de Galicia, Rafael Eimil e o alcalde da Pobra,
Lois Piñeiro visitaron o comezo das obras da rexeneración das Xunqueiras cun presuposto que se achega nesta primeira fase a 1’8 millóns de euros.

A directora Xeral de Sostenibilidade da Costa e do Mar explicou en que consisten as actuacións que se están a acometer.

Posteriormente achegouse tamén á parroquia ribeirense de Castiñeiras, onde o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente desenvolveu unha importante actuación de acondicionamiento ambiental no entorno da antiga conserveira existente a carón do porto.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.