RIBEIRA contará cunha NOVA ROTANDA nas carolinas

Manuel Ruiz acordou co director do ente Portos de Galicia, a construción dunha nova rotonda nas Carolinas que regule e axude a mellorar o acceso á zona de descarga da nova lonxa e ao Club Náutico de Ribeira.

Así mesmo, manifestoulle o interese en que entre esta glorieta e a xa existente a carón do inicio do paseo de Coroso se efectúe unha remodelación que permita a ampliación do carril bici neste tramo.

No transcurso da reunión, José Ignacio Villar deulle conta ao alcalde doutra intervención valorada en 170.000 euros dirixida á mellora da instalación eléctrica da zona portuaria: unha actuación dividida en tres tramos que comeza pola correspondente ao entorno da nova lonxa e o club náutico e proximidades exteriores aos dous edificios emprazados no peirao de Ribeira.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.