As traballadoras do mar comezaron hoxe a faenar na praia do Areal da Pobra.
A pesar de que o tamaño do produto é máis ben pequeno a ameixa xapónica está a ser o produto estelar que acada uns prezos de entre 7 e 7 euros e medio. A ameixa fina rondou entre os 20 e os 30 euros mentres que a babosa se situou nos 10 euros, chegando a 15 a máis cara.
O berberecho máis grande, pola súa banda, pode chegar a prezos de 14 euros e o pequeño de 7.
Un dos mariscadores aseguraba que están a traballar prácticamente toda a plantilla e que o beneficio medio por mariscadores chega aos 90 euros ao día.
OS MARISCADORES DA POBRA chegan a unha media de 90 euros por cada día de traballo
Please login to join discussion