O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o interese de máis de 200 empresas no polo tecnolóxico dos avións non tripulados e reiterou o compromiso firme da Xunta co proxecto, cun investimento total de máis de 55 millóns.
Durante a apertura do workshop da Axencia Galega de Innovación, Feijóo incidiu en que Galicia é un escenario propicio para calquera investidor que queira desenvolver as súas liñas de traballo no sector dos avións non tripulados e agradeceu o interese mostrado por máis de 200 empresas, moitas delas galegas.
Durante a súa intervención, Feijóo aseverou que este proxecto significa para Galicia avanzar cara a unha posición de vangarda no aeronáutico e tamén noutros sectores estratéxicos; avanzar cara a máis emprego.
https://www.youtube.com/watch?v=KyrfxWzaKgQ