A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o xerente de zona Galicia-Asturias de Ecovidrio, Germán Fernández, presentaron esta mañá os resultados de reciclaxe de vidro.
O conxunto dos galegos reciclou no pasado ano un total de 48.308 toneladas, é dicir, 5.000 toneladas máis que no ano 2017; o que se traduce nun incremento porcentual dun 11% e que representa o maior incremento en porcentaxe rexistrado na Comunidade galega na ultima década e superando en dous puntos o incremento a nivel estatal.