O presidente da comisión da festa de verán de Ribeira presentou esta mañá a súa dimisión ante os medios de comunicación polo seu descontento debido á baixa participación por parte da veciñanza e en especial por parte do sector da hostalería.
Aseguran que nunha semana tan só recaudaron 28 euros e que a contía que lograron
acadar o ano pasado tan só foi de 5000 euros cando por ejemplo, a comisión de festas de Boiro conseguiu acadar este ano un total de 25.000 euros.
Este ano xa hai cartel para as festas pero o conflito que levou á dimisión dos integrantes pon en perigo a continuidade no tempo desta celebración tradicional.
As festas comezarán o día 29 e prolongaranse ata o 2 de agosto.
Tal e como explicou o aínda presidente, o día 29 estará adicado á xuventude e o pregoneiro será Tino Fernández, o presidente do Real Club Deportivo da Coruña.
O día 30 estará adicado aos rapaces.
Os fogos arficiais este ano terán lugar o domingo, non o sábado como ven sendo habitual.
A actuación dos Celtas Cortos pechará longo programa de actividades que terán lugar estos días.
https://www.youtube.com/watch?v=Tla4j23TvKI