Xa está todo preparado para que a parroquia de LAMPÓN disfrute da súas festas

Xa está todo preparado para dar luz verde ás festas de Santiago de Lampón que darán comezo o vindeiro día 22 e se prolongarán ata o 26 de xullo.

O párroco Marcelino Sánchez presidiu esta mañá o evento acompañado de numeros integrantes da comisión de festa.

Un tríptico que recolle o extenso programa será repartido hoxe a toda a veciñanza.

Marcelino quixo destacar a sesión vermú do domingo como unha das actividades máis fortes.

En canto ás celebracións relixiosas fixo fincapé na misa que o obispo auxiliar de Santiago, Jesús Fernández González vai dar.

Neste acto de presentación taén houbo cabida para lembrar as vítimas do accidente marítido do bateeiro Paquito nº2, e en especial ao seu patrón que pertencía á comisión de festas.

Marcelino Sánchez agradeceu o traballo dos articulistas que participaron no libro de publicidade e sobre todo o traballo de tódolos integrantes da comisión.

Tamén cabe destacar que esta mesma tarde arrinca a esperada festa da dorna en Ribeira que se prolongará máis dunha semana. En Noia a apertura de casetas da Feira medieval será ás 17.00 horas desta tarde.

https://www.youtube.com/watch?v=hMxfYckQ1BE

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.