As instalacións do Real Club Náutico de Portosín foron escenario onte da presentación das axudas da Secretaría Xeral para o Deporte, á que acudiu José Ramón Lete; o presidente da entidade, Fernando González; o alcalde, Luis Oujo; e o regatista Iago López Marra.
A posibilidade de acudir ás Olimpíadas de Río de Janeiro, que terán lugar o próximo ano, por parte do portosinense Iago López Marra aumentou de forma considerable. E é que o novo regatista acaba de recibir a lombeirada da Xunta para que o seu proxecto chegue a bo porto.
Lete mostrou o seu apoio ao sonense e anunciou cambios na distribución das axudas para os deportistas de elite. Neste sentido, destacar que no programa da Xunta inclúense cinco regatistas que teñen opcións de estar nas Olimpíadas.
E é que só hai unha praza para defender o pavillón español en Brasil. Con todo, na pelexa hai unha dura pugna entre cinco ou seis tripulacións. López Marra destacou que a primeira proba se disputará o mes próximo en Buenos Aires e a seguinte será en febreiro en Florida.