Os cerqueiros españois e portugueses alíanse para presionar e convencer ás institucións de que aumente arredor dun 5 por cento as toneladas de sardiña que poderán pescar este ano.
A recomendación dos científicos do ICES (Consello Internacional para a Exploración do Mar) segue sendo a de cero capturas de sardiña para este ano. As mesmas que tamén indicaron para o 2018 e para o 2017.