A concelleira deixa entrever que a retirada das BANDEIRAS AZUIS por parte de ADEAC ten tinguiduras políticas

Os areais da Illa e Cabío contarán con socorristas a partir desta fin de semana trala demora na súa contratación que provocou a perda dos distintivos de calidade o pasado luns.

Lois asegura que remitiu un escrito á Asociación de Educación Ambiental e do Consumido (ADEAC) solicitando a recuperación das bandeiras azuis para as praias de Cabío e A Illa.

Malia que admiten o erro cometido por ter izado a bandeira azul sen contar con tódolos servizos, o goberno pobrense considera demasiado estrita a decisión da ADEAC de retirar as bandeiras azuis. Unha decisión que nin tan sequera lles foi notificada e da que tiveron coñecemento pola prensa.

Trala súa chegada ó goberno o quince de xuño iniciaron os procesos de contratación priorizando o persoal de limpeza e de obras. A adaptación ás novas bases e a demora do INEM en enviar a lista de seleccionados provocou un retraso na contratación dos socorristas.
Piñeiro lembrou que en 2012 o Concello, con Isaac Maceiras como rexedor, xa había ter un problema similar. A concelleira pobrense Charo Varela quixo deixar entrever que a decisión de Adeac tiña tinguiduras políticas.

https://www.youtube.com/watch?v=f69cLAQpXdk

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.