O vindeiro sábado día 18 deste mes o BNG do Barbanza vai celebrar un acto comarcal polo día da patria galega que será o 25 de xullo.
Dito acto, lúdico-político, pretende por en valor e coñecemento da cidadanía a importancia que para a nosa nación tén dita data.
A Praza de Galicia do Concello da Pobra será este ano o escenario deste acto que terá lugar ás 21.00 horas e contará coa interveción de distintos persoeiros, entre eles, Ramiro Ouviña, voceiro do BNG da Pobra, Adolfo Muíños, o alcalde de Rianxo e Rosana Pérez, deputada no congreso.
https://www.youtube.com/watch?v=QXZxXbb435A