Miles De Flores Dan A Benvida A San Cristobo.

Pese a tratarse dunha cita relativamente frecuente pois, se ben é certo que se celebraba no pasado, tras un parón de tres décadas non se retomou ata o 2012. A festividade de San Cristobo está conseguindo mobilizar a un bo número de ribeirenses. Foron moitos os que participaron na procesión a pe do santo como na posterior caravana de vehículos.
A agrupación de gaitas A Gandaina, encargouse, a primeira hora da mañá, de anunciar aos veciños o inicio dunha xornada festiva. Algúns responderon á chamada concentrándose cos seus vehículos, tanto coches coma motos, na zona portuaria, onde tivo lugar a bendición por parte do párroco local, Cesáreo Canaval.

O son das bombas que invadiu a cidade ata as 12.30 h foi definitivo para que os veciños de Ribeira se deran de conta de que a celebración entraba na súa parte central.
Esta consistiu nunha eucaristía cantada pola Coral Polifónica do Círculo Mercantil de Ribeira en honra ao santo.
Foron integrantes da asociación Alfaia, promotora da celebración, os que se encargaron de engalanar boa parte dos coches e motos que se sumaron a esta edición da festa de San Cristobo.

A intención desta entidade é que a cita recupere o esplendor co que contaba fai 30 anos, cando gozaba dun seguimento masivo por parte dos veciños do municipio.

http://youtu.be/RJUQK3FKI2s

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.