O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acaba de ratificar a súa condena a 18 e 19 anos de cárcere a Melisa Abelleira e Ventura Lustres polo asasinato de Yulisa Altagracia na Pobra do Caramiñal en xuño do 2015. mantén a pena imposta, que inclúe, ademais da condena a prisión, o pago dunha indemnización de 350.000 euros á familia da vítima.