Ata o 24 de xullo para optar a participar no OBRADOIRO DE EMPREGO TAHUME 2 de RIBEIRA e o SON

O vindeiro 1 de setembro dará comezo un novo obradoiro de emprego compartido polos municipios de Ribeira e Porto do Son: o Tahume 2 que, nesta ocasión, dará cabida a un total de 21 alumnos-traballadores que se formarán na especialidade de carpintería e moble.

Aqueles veciños maiores de 18 anos interesados en participar nesta escola taller teñen ata o vindeiro venres 24 de xullo para anotarse e aspirar a estar nel.

O taller terá unha duración de seis meses e o traballo dos participantes redundará en beneficio do propio municipio, a través de accións como a realización de mobiliario de madeira para o Centro Social de Carreira e a Aula de Música de Aguiño.

En Porto do Son está prevista a construción de equipamento en madeira para espazos públicos, o arranxo de casetas e pasarelas nos accesos a praias e a fabricación de cadeiras de madeira para tres areais do termo municipal.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.