O AUDITORIO MUNICIPAL DE RIBEIRA acolle a presentación do curso de “CRIMINOLOXÍA E PSICOLOXÍA XURÍDICA” DA UIMP

O auditorio municipal de Ribeira foi escenario esta mañá da inauguración e presentación do curso de “Criminoloxía e Psicoloxía Xurídica” que ofrecerá neste municipio a Universidade Internacional Menéndez Pelayo.

Ao acto de presentación sistiron o director desta Universidade en Galicia, Domingo Bello Janeira; Gualberto Buela-Casal, director do encontro; e o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas.

Este curso que da comezo no día de hoxe e terá lugar ata o día 17, está dirixido por Gualberto Buela Casal, Catedrático de Psocoloxía Clínica da Universidade de Granada e Presidente da Asociación Española de Psicoloxía Conductual (AEPC).

Ribeira está a ser este verán a sede da Universidade Internacional Menéndez Pelayo.
Os interesados en participar neste curso tiveron a oportunidade de solicitar unha bolsa para a matrícula así como para o aloxamente nesta cidade.

https://www.youtube.com/watch?v=vP5b0I6EMg4

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.