Unha nova vía mellorará a conexión de PORTOBRAVO con BRIÓN-NOIA

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ven de aprobar o proxecto de trazado e impacto ambiental da conexión dende Portobravo, Concello de Lousame, coa AC-543 (Vidán – Noia).
A consellería de Medio Ambiente someteu en maio de 2014 ao trámite o proxecto de trazado e o estudo de impacto ambiental, no que se desenvolvían tres alternativas e se propoñía a denominada alternativa. Finalmente a nova comunicación mellorará a accesibilidade ao Concello de Lousame, incrementará a seguridade viaria dos usuarios, e ademais reducirá a lonxitude e o tempo de percorrido.
Na actualidade a conexión con Lousame a través das autonómicas é sinuosa. Isto fai que a unión entre o municipio de Lousame e a estrada Brión – Noia non sexa cómoda nin rápida para os usuarios. O proxecto da nova conexión ten por obxecto eliminar esta problemática ao habilitar unha nova vía que evitará o paso pola AC-311.

https://www.youtube.com/watch?v=PywhYzvkFvE

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.