O vindeiro día 8 de agosto celebrarase o XIII Festival de baile e música tradicional Aleivosía a partires das 21:30 h na praza de Rafael Dieste (Rianxo) no que participarán as diferentes agrupacións que conforman Aleivosía cun total de 10 agrupacións formadas por nenos e maiores de entre 3 a 60 anos de idade que ofertarán unha noite chea da mellor esencia da cultura tradicional con bailes, pandereteiras e gaiteiros.
https://www.youtube.com/watch?v=Kz8navCT-l4