O Concello de Noia está acometendo distintas actuacións de mellora da seguridade viaria no municipio, tanto de asfaltado e reparación do firme en varias rúas da vila como na construción de beirarrúas e mellora do pavimento dunha das entradas ao municipio, por Orro.
O alcalde de Noia, Santiago Freire, explica que “son actuacións en distintos puntos do municipio, de asfaltado, seguridade viaria, beirarrúas, sinalización… que melloran o estado e a seguridade da rede viaria e nas que se están a investir máis de 100.000 euros entre o Concello de Noia e a Xunta de Galicia”.
O Concello de Noia inviste máis de 100.000 euros no asfaltado e mellora da seguridade viaria


