O Concello de Lousame celebrará este sábado 2 de marzo o seu Festival de Entroido, que terá lugar entre as 17:00 e as 20:00 horas no polideportivo municipal da Silva). non haberá Concurso de Disfraces, que pasará a converterse nun Desfile de Disfraces, tal e como explicaron esta mañá os técnicos de Cultura, Eduardo Agraso e María Teresa Baluja.
https://www.youtube.com/watch?v=EGWdI_PCnxQ
O Concello de Lousame celebrará este sábado 2 de marzo o seu Festival de Entroido, que terá lugar entre as 17:00 e as 20:00 horas no polideportivo municipal da Silva).
O técnico de Cultura, Eduardo Agraso, explicou que se quere premiar a participación, non os cartos que a familia pode gastar nun disfrace. A idea é que sexa unha actividade familiar onde a xente participe e desfrute da festa, escapando dos premios e do concurso”. De feito, unha das novidades será que, ademais de desfile de disfraces infantil, este ano tamén haberá desfile de adultos. Todas as persoas que participen disfrazadas recibirán un agasallo. As inscricións poden realizarse o mesmo día do festival.