Un estudo que realiza a Cámara de Comercio de Santiago aseguraq que a confianza dos hostaleiros do barbanza eleva os resultados negativos do empresariado no segundo trimestre do ano.
Este Indicador de Confianza Empresarial (ICE) da Comarca foi realizado a través de enquisas a 1.033 empresas dos municipios de Boiro, Rianxo, Pobra do Caramiñal, Ribeira e Porto do Son.
Nesta ocasión, o indicador de confianza empresarial sitúase en –3,1 puntos, un valor negativo aínda que cunha lixeira tendencia ao alza.
A tendencia negativa nos índices de situación e expectativas esténdese aos sectores da industria, construción, comercio e outros servizos. Só a hostalería e turismo, cunha confianza empresarial situada nos 4,4 puntos, consegue manter unha posición optimista sobre os resultados empresariais dos segundo e terceiro trimestre de 2015.
https://www.youtube.com/watch?v=EC_P0_Lp44s