A Solidaridade Acompaña A Cristina Noya No Mundial De Hungría

A xoven deportista rianxeira Cristina Noya pertencente ao clube de Piragüismo Rías Baixas de Boiro, poderá cumplir o seu soño, participar no campionato do Mundo que se disputará en Hungría nos próximos días.
A nova de que a rapaza non podía acudir ao campionato por problemas económicos conmoveu a moita xente.
A solidaridade, e en especial a diretiva e os socios do Náutico de Boiro, patrocinador do clube de piragüismo, movilizou a moita xente para que Cristina poidese competir na proba máis importante da súa carreira deportiva.
O presidente da entidade náutica, Manuel Fajardo, nada máis coñecela nova, fixo un chamamento aos socios e estos non defraudaron. Rapidamente reuniron unha importante cantidade de cartos. O Concello boirense non se quedou atrás e a través do seu alcalde, Juan José Dieste, comprometeuse a sufragalos billetes. Tamén a empresa Neumáticos Soto, de Taragoña, fixo a súa aportación xunto xo Concello de Rianxo.

http://youtu.be/g_cFXlC7xOA

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.