Aprobadas as dedicacións para NÓS POBRA nun pleno no que o BNG foi da man do ALCALDE

A Pobra do Caramiñal celebrou na noite de onte unha sesión plenaria para constituir o grupo de goberno e para aprobar as dedicacións exclusivas e a proposta sobre o persoal eventual.
Tódolos puntos foron finalmente aprobados e o BNG deu o seu apoio na maioría das propostas. O único punto da sesión que votaron en contra foi a iniciativa da alcaldía de delegación de competencias plenarias. Un asunto que finalmente foi aprobado por NP, o PP e o PSOE.
Sobre a designación das dedicacións os nacionalistas deron o seu voto.
O BNG manifestou máis unha vez a convicción de que o servizo público na política debe ser axeitada e propiamente remunerado.
Asemade insistiu en que as dedicacións deberan de ser concedidas a membros electos da corporación, isto é, da formación gobernante, ocupándose os outros cargos de confianza ou eventuais con persoal laboral do propio concello.
O BNG mantivo a mesma liña argumental para a aprobación do persoal eventual.

https://www.youtube.com/watch?v=uChLQT-uXXY

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.