LOUSAME aproba unha dedicación exclusiva para a alcaldesa e unha parcial para o edil de urbanismo

O Concello de Lousame celebrou na noite de onte a súa sesión de organización, na que quedaron constituídos os catro grupos municipais da corporación e se deu a coñecer a composición do novo Goberno Municipal. Así, a alcaldesa Teresa Villaverde indicou que a Xunta de Goberno Local estará presidida por ela mesma e composta polos tres tenentes de alcaldesa: Ramón Manuel Martínez, Silvia Agrafojo e María Regenjo.

O maior debate xerouse coa aprobación das dúas dedicacións do Concello de Lousame: unha dedicación exclusiva de 35.320,6 euros anuais/brutos e sen trienios para a alcaldesa e unha dedicación parcial de 9.324,9 euros anuais/brutos por seis horas diarias para o concelleiro de Urbanismo.

O PSOE aplaudiu a decisión da alcaldesa de tomar unha dedicación exclusiva, pero consideraron que a contía era un pouco alta. Un reproche que tamén fixeron BNG e PT, quen mesmo propuxo a eliminación de todas as retribucións. A proposta do Grupo de Goberno foi aprobada cos 6 votos a favor do PP e cos 5 votos en contra de PSOE, BNG e PT.

https://www.youtube.com/watch?v=jwGmyJUD0gs

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.