A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitou esta mañá o centro de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Praia Xardín de Boiro co fin de supervisar as obras de mellora e acondicionamento que se están a levar a cabo por parte da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Do Campo visitou as dependencias educativas acompañada polo alcalde de Boiro, Juan José Dieste, o xefe territorial de Educación, Indalecio Cabana, e o director do centro, José Manuel Vilas.
Neste senso, as actuacións que se están a acometer en Boiro consisten na reforma dos patios e da zona da cociña para mellorar o seu servizo, así como actuacións de reparación da sala de profesores despois de sufrir unha inundación.
Pola súa parte, na escola de Educación Infantil (EEI) Fernández Varela da Pobra no instituto de Educación Secundaria (IES) e no IES Félix Muriel de Rianxo tamén se están a desenvolvolver unha serie de actuación que estarán rematadas nas vindeiras semana. O investimento total para todas estas actuacións é de 91.723 euros.
As previsións dos técnicos do departamento autonómico indican que as intervencións programadas na comarca estarán rematadas nas vindeiras semanas.
https://www.youtube.com/watch?v=urr79993pfo