A Xunta porá en marcha unha plataforma dixital dirixida ás empresas galegas interesadas en solicitar unha diagnose de cal é a súa situación e como deben actuar ante o Brexit.
O conselleiro de Economía, Francisco Conde, explicou na inauguración da xornada que esta iniciativa permitirá ao tecido empresarial galego, coñecer de xeito personalizado o impacto real que pode chegar a ter o Brexit no seu día a día.