BNG E CIDADÁNS votaron en contra pero RUÍZ conseguiu aprobar a súa proposta de retribucións

O pleno extraordinario e urxente celebrado esta mañá na casa consistorial de Ribeira serviu para aprobar as dúas dedicacións exclusivas e os tres contratos eventuais como cargos de confianza que o alcalde Manuel Ruíz propuxo o pasado martes e que os integrantes das catro formacións botaron abaixo.
A raíz da situación vivida no último pleno, o alcalde sinalou que, en caso de que a oposición non movera ficha antes, o pasado venres convocaría o pleno que finalmente tivo lugar esta mañá.
O principal punto do día conseguiu ao final da sesión 6 votos en contra por parte do BNG e Cidadáns, 5 abstensión do PSOE e de IPDR e 9 votos a favor dos populares.
Un ambiente tenso percorreu a sala durante unha hora e cuarto. O salón estaba cheo nun encontro no que os propios veciños ribeirenses non quixeron faltar.
O alcalde abriu o acto disculpándose ante os presentes por algunhas das expresións que profiriu no pleno do pasado martes.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.