16 VECIÑAS DE LOUSAME comezan a segunda fase do programa AURORA orientada á hostalería

As 16 veciñas de Lousame que participan de xeito gratuíto no Programa Aurora veñen de rematar a primeira fase da iniciativa, na que traballaron o módulo de desenvolvemento persoal a través de técnicas para mellorar o autoestima e as habilidades sociais, polo que agora comezarán a fase de formación específica para o emprego.

Así, tras unha primeira fase de motivación persoal e definición do itinerario profesional, as mulleres participantes no proxecto teñen a oportunidade de formarse no ámbitos profesionais que mais se adecúan aos seus perfís, tomando como referencia as ocupacións dos sectores de produción que mais demanda presentan na súa área de influencia. En base a estes criterios, as participantes de Lousame orientáronse cara o sector da hostalería.

O Concello de Lousame imparte este programa, totalmente gratuíto para as alumnas, a través do Grupo Arestora, consultora de expertos en RRHH, Selección, Formación e Rendemento. O Programa Aurora desenvolvese en coordinación co Instituto da Muller e está cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

https://www.youtube.com/watch?v=lcXle9DqGyw

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.