Ás 20.30 horas de esta tarde a Praza do Emigrante da Pobra do Caramiñal acollerá o espectáculo “Impreuna” a cargo da Compañía Pistacastro. Trátase dun circo galego que mostrará aos veciños do municipio o arte de facer malabares e acrobacias. Esta actividade encádrase dentro do programa que o concello desenvolve nos meses de xullo e agosto e co que se pretende traer ao municipios actividades diarias para o disfrute dos pobrenses. O mércores do Cantón Garabato de Xogos amenizará con xogos populares fabricados con materiais reciclados así como un obradoiro de broches de fieltro.
Xa o sábado celebrarase o IV Encontro de Música e Baile Tradicional que este ano contará coa participación do Grupo de Gaitas Xiada e as Pandereteiras Ruadiña, Asociación Cultural Kerema de Lerma en Burgos e o Grupo Semente que vén dende Porto e que terá lugar nas Pistas do Castelo.
Estás actividades poderanse levar a cabo grazas ao Convenio de Circuitos Culturais da Deputación da Coruña e da Cultura do Camiño da Xunta de Galicia.
https://www.youtube.com/watch?v=ILOOITfK1FI