Este mércores chega a RIBEIRA a I FEIRA DO LIBRO que contará cunha intervención de YOLANDA CASTAÑO

A Feira do Libro chega por primeira vez ao concello de Ribeira e a praza do concello será o escenario que vai acoller este evento entre os días 16 e 19 de xullo.
A nova concelleira de cultura, Fabiola García e a coordinadora da Federación de Libreiros de Galicia, Nani Regueira, deron a coñecer algúns dos detalles desta feira que contará con cinco casetas, catro delas estarán ocupadas polas librarías Pedreira, Aenea, Cartabón e a pobrense Ler, ademais e A Serpe Edicións.
Nani Regueira xustificou a ausencia de empresas da capital barbanzana polo esforzo que supón sumarse a este evento
A inauguración da feira terá lugar este mércores ás 20.30 horas co pregón a cargo da famosa escritora Yolanda Castaño e a actuación do grupo tradicional O Rueiro dos Fillos de Palmeira.
Tamén haberá obradoiros de marcapáxinas así como de elaboración de gominolas naturais para os máis pequenos.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.