A casa consistorial de Rianxo acolleu na tarde de onte un pleno que transcurriu con total normalidade e no que o alcalde, Adolfo Muíños, chegou a recibir o apoio dos populares para sacar adiante as propostas de goberno.
Entre eles destacan a creación de cinco comisións informativas permanentes e dúas de carácter especial, unha para estudar o informe da Conta Xeral e outra para alixeirar a tramitación do PXOM.
Tamén foi aprobada a proposta para que acudan cinco presentas a cada comisión, unha en representación de cada partido máis o presidente.
A líder do PP, Vanessa Martínez, asegurou que non queren que Rianxo perda tempo e por iso que decidiron apoiar a súa proposta.
O PP vai da man do BNG de RIANXO para a aprobación das propostas neste mandato
Please login to join discussion