A CONSELLEIRA reitera o seu compromiso no axuste das taxas portuarias para os PESCADORES ARTESANAIS

A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, inaugurou na tarde de onte en Cabo de Cruz o XII Encontro de Embarcacións Tradicionais, no que salientou a necesidade de apoiar ao sector das embarcacións tradicionais a través dun axuste das taxas portuarias e de facilidades para a busca de amarre. Neste senso, declarou que ao longo deste ano avanzarase nos proxectos de axudas mediante a definición das embarcacións e da bonificación nas contías, que desenvolven a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro e Portos de Galicia.

A xornada de onte comezou coa apertura das VIII Xornadas de Construción Naval en Madeira, que contou coa participación da directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez.

Na súa duodécima edición, este evento organizado pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial reúne a representantes de diferentes rexións europeas e as súas embarcacións..

https://www.youtube.com/watch?v=Z76eku0v3ZA

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.