O PATRÓN DOS CONDUCTORES será homenaxeado este domingo en RIBEIRA

Coches, motos e camións engalanados con flores percorrerán o domingo as rúas de Santa Uxía con motivo da festividade de San Cristóbal. Será despois dunha misa cantada que terá lugar na igrexa parroquial ás 12.30 horas. Primeiro haberá unha procesión a pé ata o recheo portuario, desde onde partirá o desfile dos vehículos.
Integrantes de Alfaia, a asociación encargada da organización, limparon e prepararon onte a imaxe do santo á súa chegada ao templo, despois de que fora trasladada por membro do servizo municipal de emerxencias desde a casa dos Pérez, a familia propietaria.
Trátase dunha festividade que honra aos condutores e que foi recuperada no ano 2012 grazas á iniciativa da asociación Alfaia que retomou esta tradición despois de tres décadas de ausencia.
Un total de 60 vehículos participaron o ano pasado neste evento. Puri Cores, integrante da entidade, fixo un chamaneto á cidadanía para que se una de novo.

https://www.youtube.com/watch?v=lUoQ00AdM-A

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.